Visita CASAL DE ARTE en www.casaldearte.com

martes, 28 de octubre de 2014

COLABORACIÓN: Cursos no ATENEO FERROLÁN

Estreamos unha nova etapa de colaboración co ATENEO FERROLÁN. Unha institución cultural centenaria e imprescindíbel da nosa cidade.

Os nosos cursos aportarán unha pequena axuda para a recuperación do Ateneo. Ambos cursos estarán impartidos polo artista Miguel-Anxo Varela Díaz, licenciado en Belas Artes e con longa experiencia docente.

Estreamos xa esta semana estes dous cursos que nos enchen de ilusión:


TALLER DE ARTE PARA NENOS.
Venres de 17,15 a 18,45 h.
Prezo: 50 euros/mes para os non socios e 45 euros/mes para os socios.


TALLER DE DEBUXO E PINTURA (PARA ADULTOS).
Mércores de 18 a 20 h.
Prezo: 50 euros/mes para os non socios e 45 euros/mes para os socios.


Para apuntarvos nos talleres podedes chamar ben ao Ateneo (981 35 79 70) ou ben ao móvil do profesor: 665 491 386 (Tamén ten Whatsapp e Telegram).